Convocatoria do novo curso 2020-2021
COVID-19. Situación de excepcionalidade.
Diferentes disposicións legais en relación á situación sociosanitaria da pandemia, que podan ter vixencia a 1 de outubro de 2020 (data de inicio previsto do curso), poderían modificar as características desta convocatoria (datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online, ...)
O Concello de Vigo oferta, a través da Concellería de Educación, as novas prazas para estudos musicais e artísticos na Escola municipal de música de Vigo (EMMV), Escola municipal de música tradicional e folk (E-TRAD), Escola municipal de teatro (EMT) e Escola municipal de danza (EMD) , correspondentes á programación do vindeiro curso 2020-2021.

As actividades
destas escolas van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música e das
artes escénicas, así como á formación non
regrada previa aos estudos de carácter
profesional.

Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as diversas
opcións que a Concellería de Educación
propón.