Para solicitar a exención no pago das taxas, se considera que cumpre cos requisitos establecidos na citada Ordenanza 40, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, mediante o modelo normalizado e acompañado da documentación que se indica, a correspondente solicitude. Copia do impreso, coa constatación da súa presentación no Rexistro, será o que deberá presentar, no prazo indicado, na escola correspondente.
O prazo para solicitar a exención de taxas remata o 30 de setembro de 2019.