Convocatoria do novo curso 2023-2024


O Concello de Vigo oferta, a través da Concellería de Educación, as novas prazas para estudos musicais e artísticos na Escola municipal de música de Vigo (EMMV), Escola municipal de música tradicional e folk (E-TRAD), Escola municipal de teatro (EMT) e Escola municipal de danza (EMD) , correspondentes á programación do vindeiro curso 2023-2024.


As actividades destas escolas van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música e das artes escénicas, así como á formación non regrada previa aos estudos de carácter profesional.



Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as diversas opcións que a Concellería de Educación propón.

 

Convocatoria 2023-2024

- Prazos de matrícula para alumnado do curso anterior a 2023-2024: do 22 de xuño ao 7 de xullo de 2023.
- Prazos de matrícula para alumnado de novo ingreso no curso 2023-2024: do 25 ao 29 de setembro de 2023.

© Concello de Vigo
Praza do Rei n 1 - 36202
Teléfono: 986 81 01 00
Concello de Vigo EmmaVigo. Escolas Municipais de Música e Artes do Concello de Vigo.