Preinscrición Online
Escola Municipal de Artes e Oficios
(EMAO)

  • [Documento PDF] Convocatoria xeral para o curso 2017-2018
  • [Documento PDF] Horarios para o curso 2017-2018
  • [Documento PDF] Formulario para preinscrición presencial do curso 2017-2018
  • Se desexa facer a preinscrición online, cubra os datos do formulario incluido baixo estas instrucións. Por favor, lea as instrucións antes de cubrir o formulario.
  • So se permite unha preinscrición por persoa, ata 2 opcións na preinscrición, que deben ser grupos distintos (pódese repetir especialidade)
  • Para o ingreso nas especialidades de Pintura e Debuxo artístico, os/as solicitantes irán a sorteo. No resto de especialidades os/as solicitantes deberán superar unha proba de acceso.
  • Só se require un teléfono. Recoméndase o móbil para futuras notificacións por SMS.
  • Unha vez realizada a preinscrición, se enviará unha mensaxe electrónica co número de rexistro de preinscrición ao seu enderezo de email.
  • A mensaxe de correo deberase imprimir, pois servirá, a calquera efecto, como xustificante de preinscrición. Unha vez realizado o sorteo e/ou a proba de acceso, as persoas seleccionadas deberán formalizar a súa matrícula definitiva coa presentación na Unidade Administrativa da Escola da fotocopia do DNI. A comprobación da falsidade nos datos conlevará a baixa automática no Centro.
  • En certos servidores de correo, como HOTMAIL ou YAHOO, moitas mensaxes automáticas son marcadas incorrectamente como spam, e aparecerán na carpeta "Correo non desexado", ou carpeta "Spam" ou carpeta "Junk" (segundo o idioma/servidor). Revise nesas carpetas se non aparece na bandexa de entrada, e se a mensaxe non chega ao seu correo electrónico, por favor chame ás nosas oficinas (a partir do 1 de setembro) para comunicar a incidencia.
© Concello de Vigo
Praza do Rei n 1 - 36202
Teléfono: 986 81 01 00
Concello de Vigo EmmaVigo. Escolas Municipais de Música e Artes do Concello de Vigo.